Entradas

Charla "XENÉTICA E XENÓMICA" Con Ángel Carracedo

Imagen
Onte disfrutamos dunha interesante charla co magnífico divulgador e xenetista Ángel Carracedo, contounos multitude de interesantes anécdotas e invitounos a visitar o Instituto de Medicina Legal da USC que el preside. Gracias a todos/as por participar.

Este entroido na Basella

DISFRACES, CONCURSOS E RISAS... BÓTALLE UN OLLO ÁS FOTOS

Olimpiada de Xeoloxía

Imagen
Este 22 de Febreiro participamos na fase autonómica da II Olimpiada de Xeoloxía e ademáis de pasar un bo rato coa xeoloxía, o noso compañeiro Fran de 4ºESO recibiu o 2º accésit para a categoría da ESO, noraboa a todos.

Encontro con Diego Ameixeiras.

Imagen
Falamos con Diego das súas novelas, de cómo construír unha se che apetece escribir, e de moitas cousas máis... As e os compañeiras/os que asistiron demostraron ser uns excelentos lectores e conversadores. Foi unha charla na que penso que todos disfrutamos. Gracias a Diego e aos que asistíchedes ao encontro.

Imos de Entroido

Imagen

Encontros con Diego Ameixeiras e Ángel Carracedo

Imagen
O 16 de Febreiro temos como convidado no instituto a Diego Ameixeiras . As/os alumnas/os de bacharelato  terán a oportunidade de preguntarlle pola súa obra, falar sobre novela negra ou narrativa contemporánea e aprender algo sobre "cómo se constrúe unha novela". Diego Ameixeiras é xornalista e escritor. Ten publicadas cinco novelas. "Baixo Mínimos" (2004), "O cidadán do mes" (2006), "Tres segundos de memoria" Premio Xerais 2006, "Dime algo sucio" (2009) e "Asasinato no Consello Nacional" (2010). Ademáis colabora para diferentes xornais e revistas e traballa como guionista en series como "Matalobos" e filmes como "18 comidas". O 24 de Marzo Ángel Carracedo dará no noso instituto unha charla sobre "Xenética e Xenómica. Para qué sirve hoxe en día". Ángel Carracedo traballa no campo da xenética aplicada, principalmente en xenética forense da que é un recoñecido especialista a nivel mund...

Semana das curtas (do 28 ao 3 de Marzo)

Imagen
Sumámonos á actividade "A Semana das Curtas" , un ciclo de audiovisual galego que a modo de festival simultáneo se celebrará nos centros escolares interesados entre os días 28 de febreiro e o 3 de marzo. Está organizado polo CGNDL e o IES Audiovisual de Vigo.