Entradas

"Un paseo polos bordes da ciencia cercana" con Jorge Mira

Imagen
O pasado 20 de Marzo o físico Jorge Mira ofreceunos unha charla na que falamos de diversas curiosidades da ciencia, como o dimorfismo sexual, o índice de masa corporal das desnutridas modelos, os interesantes e divertidos estudos gañadores dos Ig-Nobel   ou o funcionamento do botafumeiro da catedral de Santiago de Compostela. Que vos pareceu a charla?

Encontros con Jorge Mira e Marilar Aleixandre

Imagen
Dentro do noso programa de charlas científico-literarias, este curso temos como convidados a Jorge Mira e a Marilar Aleixandre. O vindeiro 20 de Marzo teremos a oportunidade de conversar co físico Jorge Mira . "Un paseo polos bordes da ciencia cercana" é o título da charla que nos ofrecerá e poderemos preguntarlle curiosidades científicas como as recollidas no seu libro A ciencia no punto de Mira e coñecer máis do seu traballo. Jorge Mira é Doutor en Física pola Universidade de Santiago con Premio Extraordinario e catedrático de electromagnetismo nesta universidade, recibindo ademáis moitos galardóns pola súa labor de investigación. É moi coñecido por participar como experto en cifras no programa autonómico "Cifras e Letras" e ademáis, é colaborador en varios programas e seccións na televisión, radio e prensa. É tamén o director do Programa Conciencia , unha iniciativa de divulgación científica onde se invita a diferentes expertos e Premios Nobel do mundo da ci...

Enormic Banda 2012

Imagen
Anímate a participar na revista de banda deseñada da comarca do Salnés realizando un cómic. Tes ata o día 16 de Abril para presentalo. Máximo dúas páxinas a cor ou branco e negro.

Entroido 2012

Este ano, cada grupo da ESO do alumnado do insti deseñou un Momo. Os traballos foron realmente fabulosos, os gañadores, 3ºESOA con City Forty e 4ºESOA con Costa Concordia iranse de excursión como premio (cedido pola ANPA). Ademáis, houbo moitos disfraces, mira qué pintiñas...

Outro ano máis participamos na Olimpiada de Xeoloxía

QUE SABES DO ENTROIDO

Como parte das actividades de celebración do Entroido puxemos a proba o noso coñecemento das curiosidades destas festas. O gañador, Álvaro, acertou 19 das 20 cuestións. Proba ti sorte. Qué sabes do entroido pases View more PowerPoint from pinksoda

Preparando o Entroido

Imagen