Entradas

Vilamor na Basella

Imagen
Hoxe a caravana Vilamor ao completo, co director do filme e os tres principais protagonistas, acercáronse ao instituto da Basella para falarnos de como se fai unha película, do cine na nosa terra, das súas experiencias durante a rodaxe, e da historia que se narra, a dunha comuna que nos 70 decide vivir baixo as súas propias regras. Gracias a Ignacio, Sabela, Xoel e Rubén. Que a peli triunfe alí onde vaia.

Dobre vida entre ciencia e literatura

Imagen
Esta tarde Marilar Aleixandre compartiu con nós as súas experiencias como escritora e profesora de didáctica das ciencias, falounos das súas viaxes e contounos polo miúdo cómo xurdiu a idea para a creación da novela A expedición do Pacífico , así como o contexto histórico que acompañaba aos feitos que se narran. Preguntámoslle ademáis, algunhas cousas sobre outras das súas novelas, e disfrutamos moito da súa charla.

Coñecer un pouco máis de Marilar Aleixandre

View more presentations from pinksoda ">

Caravana Vilamor

Imagen
A Caravana Vilamor visitará o noso instituto o próximo luns 23 de Abril para darnos a coñecer da man do director Ignacio Vilar e tres dos actores protagonistas do filme ( Rubén Riós, Xoel Yáñez e Sabela Arán) , a historia de Vilamor , como se fai unha película, así como a situación do mundo cinematográfico e audiovisual en Galicia.

"Un paseo polos bordes da ciencia cercana" con Jorge Mira

Imagen
O pasado 20 de Marzo o físico Jorge Mira ofreceunos unha charla na que falamos de diversas curiosidades da ciencia, como o dimorfismo sexual, o índice de masa corporal das desnutridas modelos, os interesantes e divertidos estudos gañadores dos Ig-Nobel   ou o funcionamento do botafumeiro da catedral de Santiago de Compostela. Que vos pareceu a charla?

Encontros con Jorge Mira e Marilar Aleixandre

Imagen
Dentro do noso programa de charlas científico-literarias, este curso temos como convidados a Jorge Mira e a Marilar Aleixandre. O vindeiro 20 de Marzo teremos a oportunidade de conversar co físico Jorge Mira . "Un paseo polos bordes da ciencia cercana" é o título da charla que nos ofrecerá e poderemos preguntarlle curiosidades científicas como as recollidas no seu libro A ciencia no punto de Mira e coñecer máis do seu traballo. Jorge Mira é Doutor en Física pola Universidade de Santiago con Premio Extraordinario e catedrático de electromagnetismo nesta universidade, recibindo ademáis moitos galardóns pola súa labor de investigación. É moi coñecido por participar como experto en cifras no programa autonómico "Cifras e Letras" e ademáis, é colaborador en varios programas e seccións na televisión, radio e prensa. É tamén o director do Programa Conciencia , unha iniciativa de divulgación científica onde se invita a diferentes expertos e Premios Nobel do mundo da ci...

Enormic Banda 2012

Imagen
Anímate a participar na revista de banda deseñada da comarca do Salnés realizando un cómic. Tes ata o día 16 de Abril para presentalo. Máximo dúas páxinas a cor ou branco e negro.