O 30 de Abril o alumnado de 3º e 4º da ESO do Faro das Lúas, o da Illa de Arousa e o da Basella, acercarémonos ao auditario da Illa de Arousa para disfrutar do concerto de Sés. Sés é o proxecto musical da cantautora coruñesa María Xosé Silvar: ritmos americanos repensados en galego e en feminino, letras escritas a conciencia e unha actitude enérxica e independente enriba e debaixo do escenario. María Xosé Silvar é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social, está formada en música e baile tradicional, colaborou con varios músicos e ten publicado un disco coa súa banda, "Admirando a condición" . O próximo martes 30 de Abril actuará en acústico co guitarrista Tito José Calviño. Espero que disfrutemos moito do concerto...