O IV Día da Ciencia en Galego , co lema Arte e Ciencia , está adicado a Bucky Fuller , Isaac Díaz Pardo e Nightingale . Imos a coñecer algo máis deles. Bucky Fuller (1895-1983) foi un arquitecto e diseñador americano moi coñecido polo deseño da cúpula xeodésica , estrutura estable e lixeira que se pode ver hoxe por todo o mundo en moitos edificios. Foi tamén un activista medioambiental consciente da necesidade dun uso sostible dos recursos. Isaac Díaz Pardo (1920-2012) foi un pintor, escritor, deseñador e empresario galego propulsor dun gran número de actividades industriais e culturais galegas. Fundou, xunto con outros galeguistas, o Laboratorio de Formas , do que foron xurdindo outros proxectos como o Complexo Industrial d e Sargadelos , as Edicións do Castro , o Museo Carlos Maside ou o Seminario de Estudos Galegos. Florence Nightingale (1820-1910) foi unha enfermera, escritora e estadística británica. Sentou as bases da profesionalización da enfer...