Entradas

Entroido 2014

Imagen
Animación, música e body percussion para celebrar o Entroido no instituto.  Participa no concurso de disfraz temático coa túa clase e elabora un folleto informativo da temática da comparsa.  O premio son 100 euros e unha tarde de cine e flocos de millo no insti.  Teremos criaturas mitolóxicas, tribus urbanas, a Santa Compaña, ambientacións dos anos 20 e 60, xentes do futuro, tribus africanas, entroido veneciano, oficios galegos, parellas famosas e moito máis...

Concurso de marcapáxinas

Imagen

V Olimpiada de Xeoloxía

Imagen
Este martes 18 de Febreiro, un ano máis, participamos na convocatoria provincial da V Olimpiada Galega de Xeoloxía.  O noso compañeiro Nicolás Rey, conseguiu a mellor puntuación na categoría individual de 4º de ESO e recibiu  un pequeno agasallo.  Parabéns a todos e todas por participar!

XX Concurso de Adhesivos

Imagen
Un curso máis, a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés, convoca o concurso de adhesivos, desta vez, co lema: Redes Sociais e Lingua . Tedes ata o 20 de Xaneiro para presentar o voso deseño cun lema en galego que faga referencia ao tema proposto.  Hai premios en tódalas categorías.  Participade!!!

Traballos premiados no Día da Ciencia en Galego

Imagen
Premios no concurso de Fotografía Matemática  (María Ramos 4º ESO e Javier Mariño 3ºESO) Premios no concurso de Cartaces do Día da Ciencia (Claudia María y David Dios, 1º Bac)

Videoconferencia con Jorge Mira no IV Día da Ciencia en Galego

Imagen
O 12 de Novembro, e continuando coas celebracións do IV Día da Ciencia en Galego, o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato asistirán a unha videoconferencia na que Jorge Mira nos falará de Como medir distancias e tamaños da Terra, o Sol e a Lúa  É unha actividade para todos os centros de Secundaria, organizada pola Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística.

Celebrando o Día da Ciencia en galego, parabéns a tod@s polo traballo.