Entradas

Falando da sùa obra e de moitas cousas máis con Caride

Imagen
Disfrutamos moito coa charla e a conversa con Ramòn Caride. As integrantes do Club de Lectura anìmamonos a ler outra das sùas obras, "Soños elèctricos". Garcias a tod@s por asistir, ao profesor Manuel Busto e ao noso convidado.

Charla con Ramón Caride

Imagen
Comezamos as charlas científico-literarias deste curso con Ramón Caride, que este xoves 29 de Xaneiro virá a conversar co alumnado de 1º de Bacharelato. Ramón Caride é autor dunha gran cantidade de literatura infantil e xuvenil, poesía, relatos e moito máis, e coñecido por nós sobre todo pola súa novela "Sarou" , da que poderemos charlar e compartir impresións nesta charla. Esta novela, ambientade na comarca de nome Sarou, reflexa a vida das xeracións perdidas, da reconversión dos vellos oficios e do narcotráfico. Algunhas das novelas ou libros de relatos de Ramón Caride, están ilustrados por debuxantes tan afamados como Miguel Anxo Prado ou Manuel Busto. As integrantes do Club de Lectura de A Basella, estivemos a ler "Endogamia 0.2" , un libro de relatos de Caride ilustrado por Manuel Busto (que ademáis é o profesor de Educación Plástica e Visual do noso instituto) así que aproveitaremos tamén para comentar con eles as nosas impresións.

XXI Certame de Adhesivos. ASÌ FALAMOS NÒS.

Imagen

Cartaces gañadores no Día da Ciencia en Galego

Imagen
María Ramos e Estela Bea, de 1º de Bacharelato, foron as gañadoras do concurso de cartaces no Día da Ciencia. Parabéns!

Enredando coa ciencia

Experimentos, xogos e charlas científicas no Día da Ciencia en Galego.

Coñecendo a Turing e a robótica en Galicia

Este ano no Día Da Ciencia en Galego, reivindicamos o dereito a estudar a Física en galego cunha presentación sobre as aportacións de Alan Turing no campo da Intelixencia artificial, e co documental "O robot galego", no que coñecimos o que se está a facer en robótica na Galiza.  Alan Turing, día da ciencia en galego, IES A Basella from pinksoda

Arrepiante Samaín

Relatos de terror, sesións de curtas arrepiantes e unha biblioteca convertida en fogar de morcegos, teas de araña e terroríficas cabazas no IES A Basella.