Entradas

Xornada de premios e divulgación científica.

Entregamos os premios do XXII Certame de Adhesivos pola Normalización Lingüística e pasámolo moi ben cos magníficos divulgadores científicos do Discurshow e o seu espectácuo MatematicaMENTE. Grazas a Elena, Casto e Vicente, e a todos e todas vós por compartir connosco esta celebración.

Acto de entrega de premios do XXII Certame de Adhesivos + Discurshow MatematicaMENTE

Imagen
Parabéns ás dúas alumnas de 2º de Bacharelato do noso centro ( Noelia Feijoo e Ruth Vidal ), premiadas no XXII Certame de Adhesivos que convoca a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística da Comarca do Salnés da que formamos parte. Celebraremos o vindeiro 7 de Abril o acto de entrega de premios deste certame no noso centro e contaremos coa actuación do Discurshow e o espectáculo MatematicaMENTE . Estades todos/as convidados/as á celebración.

Adhesivos gañadores e finalistas do XXII Certame de Adhesivos (Coordinadora do Salnés)

Imagen

Enormic Banda curso 2015-2016

Imagen
Un ano máis convocámosvos a participar coas vosas creacións na revista de banda deseñada da Comarca do Salnés Enormic Banda. A Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística editará cos traballos seleccionados revistas que repartiremos polos centros de ensino.   Anímate a participar . Os traballos deberán ser dunha ou dúas carillas en cor ou en branco e negro. Tendes ata o 12 de Abril para entregar os vosos cómics.

Entroido 2016

Noraboa ao alumnado que partipou no Concurso de Disfraces por aula e ás rapazas de 1º da ESO que se presentaron ao Concurso de Monólogos, estivéchedes estupendos/as e pasámolo de marabilla, aquí tedes as fotos para recordalo.

Concurso de Monólogos Entroido 2016

Imagen
Este curso, ademáis dos xa tradicionais desfiles de disfraces e concursos por aula, convocamos un Concurso de Monólogos para disfrutar coa vosa creatividade no día do Entroido. Animádevos a participar, hai premios para todos/as participantes!!!

XXII Concurso de Adhesivos: O GALEGO REGRESA AO FUTURO. Outros 100 anos pola lingua.

Imagen
Todos os alumnos e alumnas dos centros de ensino secundario da Comarca do Salnés estades convidados a participar no XXII Concurso de Adhesivos presentando un traballo orixinal e inédito en calquera formato, material ou cor, cun texto alusivo ao tema proposto: O GALEGO REGRESA AO FUTURO. Outros 100 anos pola lingua.   Haberá dous premios por cada unha das tres categorías (primer ciclo da ESO, segundo ciclo da ESO e Bacharelato, Ciclos e Escolas de Idiomas). Tendes ata o 22 de Xaneiro para entregar os vosos traballos.  O orixinal de cada traballo, sen asinar e sen datos identificativos, será entregado na Secretaría do Centro onde o/a participante curse os seus estudos, axuntando un sobre pechado co lema do traballo escrito na parte exterior. No interior do sobre debe ir unha ficha na que figuren os datos persoais (nome e apelidos, centro ao que pertence, curso, grupo, enderezo, teléfono e idade), do alumno ou alumna.