Entradas

Namórame en galego

Imagen
Imos celebrar o mes do amor convocando un Concurso de Curtas de Amor na nosa lingua. Grava unha mensaxe declarando o teu amor, e súbea ao padlet que creou o Departamento de Dinamización Lingüística "Namórame en Galego". Podes acceder a el escaneando o código QR dos cartaces ou directamente a través deste enlace .   Anímate a participar e namóranos coa túa mensaxe.

XXIII Certame de Adhesivos pola Normalización Lingüística

Imagen
O lema deste curso para o Concurso de Adhesivos convocado pola Coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística da Comarca do Salnés, é "Seres míticos con poderes superlingüísticos. Heroínas, heroes. os seres mitolóxicos galegos e o imaxinario popular". Anímate a participar, recorda que o teu traballo debe incluír un texto inédito en galego alusivo ao tema proposto, que a técnica é libre, e que hai premios en varias categorías. Tedes ata o 24 de Xaneiro para entregar os vosos traballos. 

Día da Ciencia en Galego

Imagen
Comezamos este curso celebrando, como todos os meses de Novembro, a ciencia en galego. Aproveitando que este 2016 é o Ano Internacional dos Legumes , imos traballar sobre eles con axuda do material elaborado por Igaciencia . E ao fío dos legumes, adicámoslle o día á xenética, a Mendel e os seus famosos chícharos, e a Cruz Galléstegui, que introduce a xenética en España. Por outra banda, achegámonos á ciencia a través da radio escoitando programas de Efervesciencia da radio galega, pois nos vindeiros meses,  teremos como convidado nas charlas científico-literarias, ao divulgador científico que dirixe este programa, Manuel Vicente.

Revista A Batea

Xa temos o número 13 da revista A Batea con moitos artigos interesantes. Grazas a todos e todas as que fixéchedes posible este novo número. Botádelle un ollo aquí ou pedide algún exemplar impreso no insti. Que disfrutedes das vacacións... Revista A Batea nº 13 Publish at Calameo

Letras Galegas 2016

Imagen
Para celebrar o Día das Letras Galegas, o alumnado de 1º da ESO botou a lingua fóra polo noso idioma, nunha carreira polo Terrón xunto co alumnado do Faro das Lúas. Tamén teremos estos días unha busca do tesouro e exposicións sobre o homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas, Manuel María. Feliz Día da nosa Lingua a todos/as!

Xornada de premios e divulgación científica.

Entregamos os premios do XXII Certame de Adhesivos pola Normalización Lingüística e pasámolo moi ben cos magníficos divulgadores científicos do Discurshow e o seu espectácuo MatematicaMENTE. Grazas a Elena, Casto e Vicente, e a todos e todas vós por compartir connosco esta celebración.

Acto de entrega de premios do XXII Certame de Adhesivos + Discurshow MatematicaMENTE

Imagen
Parabéns ás dúas alumnas de 2º de Bacharelato do noso centro ( Noelia Feijoo e Ruth Vidal ), premiadas no XXII Certame de Adhesivos que convoca a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística da Comarca do Salnés da que formamos parte. Celebraremos o vindeiro 7 de Abril o acto de entrega de premios deste certame no noso centro e contaremos coa actuación do Discurshow e o espectáculo MatematicaMENTE . Estades todos/as convidados/as á celebración.