Entradas
Mostrando las entradas etiquetadas como Manuel Vicente
Encontro con Manuel Vicente de Efervesciencia
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
De
ra
-
Este 7 de Febreiro recibiremos no centro a visita do divulgador Manuel Vicente, director do programa Efervesciencia da Radio Galega. O alumnado de 1º e 2º da ESO recibirá da súa man unha charla sobre "Matemáticas e Natureza" e en 1º de Bacharelato , traballarán con el nun obradoiro de podcast de ciencia en teléfono móbil. Disfrutaremos dunha interesante xornada de ciencia e radio en galego.
Día da Ciencia en Galego
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
De
ra
-
Comezamos este curso celebrando, como todos os meses de Novembro, a ciencia en galego. Aproveitando que este 2016 é o Ano Internacional dos Legumes , imos traballar sobre eles con axuda do material elaborado por Igaciencia . E ao fío dos legumes, adicámoslle o día á xenética, a Mendel e os seus famosos chícharos, e a Cruz Galléstegui, que introduce a xenética en España. Por outra banda, achegámonos á ciencia a través da radio escoitando programas de Efervesciencia da radio galega, pois nos vindeiros meses, teremos como convidado nas charlas científico-literarias, ao divulgador científico que dirixe este programa, Manuel Vicente.