Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como O COMPÁS DATAS SINALADAS
Imagen
OS MAIOS: Chega o mes de maio! Imos coñecer algo máis desta festa popular de orixes ancestrais...   1.- Definición e historia: A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maio adóitase celebrar o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo. A celebración das festas de maio é común en moitos países de Europa, onde existen variantes similares da mesma festividade. As orixes da festa remóntanse ás antigas civilizacións prerromanas, como a celta. A festividade celta de Beltane marcaba o inicio do verán pastoral cando os rabaños de gando eran levados cara aos pastos de verán e as terras de pasto das montañas. Unha das principais actividades da festividade consistía en acender fachos nas montañas e outeiros con rituais e significados políticos. A tradición estivo presente en Roma, entre o culto a multitude de deuses...
 CHEGAN OS MAIOS!!! Con esta celebración, de orixes ancestrais, festexamos en Galicia a chegada da primavera e o espertar da Natureza. Neste marabilloso Genially explicativo, elaborado por Aitana V. atoparedes moita información:
 Esta semana celebramos o 23 de abril, Día do Libro. No fantástico Genially realizado por Daniela atoparás moita información interesante sobre esta data, a historia do libro e os beneficios da lectura:
Celebramos o 8M . Para este ano ONU MULLERES escolleu o tema: “Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo do Covid-19” .  Vexamos e disfrutemos de toda a info que nos amosa a Presentación xenial de Aitana para esta Data Sinalada:    
Un libro e unha flor no Día de Rosalía. Non te perdas o marabilloso Genially de Daniela Dios!: Your browser does not support the video tag.
Imagen
  NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO Xa temos premiad@s no concurso!!!:       Laboratorio de ciencia en zapatillas Foron @s seguintes: CATEGORÍA SCRATCH BACHARELATO: Fátima Rubianes Landín 2BAC A CATEGORÍA CIENCIA EN ZAPATILLAS 1ºCICLO (ESO): Gabriel Doval Magdalena 1ESO A PARABÉNS!!! O traballo de Gabriel Doval Magdalena (1ESO A):  O traballo de Fatima Rubianes Landín (2BAC A):
Imagen
 Para o ano habémolo de celebrar máis e mellor!!! Quedades coa súper presentación interactiva de Aitana Vaamonde. Un luxazo contar con colaboradoras así! Desfrutade!
 Chegou a Candeloria, a festa da luz e do amor! Queredes saber máis sobre esta data? Mirade o fermoso e luminoso Genially da súper colaboradora do EDLG, Daniela Dios: Your browser does not support the video tag.
O disposto alumnado de 1ºBAC deséxavos unhas boas festas #engalego!
Este curso conmemoramos o 25N cun acto no patio do IES no que o alumnado de 1ºESO e 3ºESO creou o "Xardín da Memoria" en lembranza das mulleres asasinadas por violencia de xénero. Ademais, a alumna Daniela D. I, de 1ºBAC, realizou esta brillante Presentación, na que fai unha análise, por unha banda,  da violencia de xénero en tempos de pandemia e por outra, da violencia de xénero nas Redes Sociais. Estade atent@s! Velaquí o traballo:
Imagen
 Celebramos o Samaín na Basella! Inauguramos a nosa sección de Datas Sinaladas : O COMPÁS, falando da festividade de novembro: o Samaín . Moitos datos interesantes sobre esta tradición aparecen no seguinte traballo de Aitana V.A. de 4ºESO. Non quedes sen ver este fantástico Genial.ly!:
  NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO. Esta é a interesante proposta para o Mes da Ciencia en Galego:       Concurso: Laboratorio de ciencia en zapatillas Departamentos que participan: Tecnoloxía, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía e Dinamización Lingüística. Bases do concurso: Vídeo de duración inferior a 5 min.  Temática:   Demostración, experimento ou explicación dalgún fenómeno relacionado coa ciencia. Categorías: -Programación en scratch. -Vídeo casero “ciencia en zapatillas”. Idioma: lingua galega. Prazo de entrega: 18 de novembro. Entregar no correo : dinamizacionlinguistica@iesabasella.org O traballo a concurso nomearase da seguinte forma: cienciaengalego_curso_título_alias   (curso do alumno/a, título do seu experimento ou demostración, e alias co que se presenta). Premios: Categorías 1º Ciclo da ESO 2º Ciclo da ESO Bacharelato Programación en scratch. Vale por X euros para  gastar en material  escol...