Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022
Imagen
OS MAIOS: Chega o mes de maio! Imos coñecer algo máis desta festa popular de orixes ancestrais...   1.- Definición e historia: A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maio adóitase celebrar o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo. A celebración das festas de maio é común en moitos países de Europa, onde existen variantes similares da mesma festividade. As orixes da festa remóntanse ás antigas civilizacións prerromanas, como a celta. A festividade celta de Beltane marcaba o inicio do verán pastoral cando os rabaños de gando eran levados cara aos pastos de verán e as terras de pasto das montañas. Unha das principais actividades da festividade consistía en acender fachos nas montañas e outeiros con rituais e significados políticos. A tradición estivo presente en Roma, entre o culto a multitude de deuses. Finalmente, o cri