Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2018

Noraboa Raquel Nine

Imagen
Hoxe, Raquel e Nuria, acompañadas pola profesora Celia, foron ao IES Castro Alobre a recoller o diploma e agasallo polo premio do Certame de Adhesivos de Normalización Lingüística. Asistiron a unha actuación musical e pasáronno de marabilla. Grazas aos organizadores.

Busca do Tesouro María Victoria Moreno

Imagen
Estamos a coñecer moito máis da figura da homenaxeada deste ano das Letras Galegas, María Victoria Moreno, cun xogo de preguntas sobre a súa vida e obra. Para a semana coñeceremos os grupos gañadores do concurso. Podedes seguir AQUÍ   as fotos destas xornadas.

Letras Galegas 2018

Imagen
Para celebrar o día da nosa lingua, o alumnado de 1º da ESO saíu esta mañá a correr polo Terrón portando cartaces elaborados por elas e eles nos que quedaba claro o orgullo polo noso idioma. Compartimos a xornada co alumnado de Faro das Lúas e recibimos premios ao mellor corredor e corredora, e ao mellor lema. Foi unha magnífica xornada, AQUÍ tedes as fotos que o demostran. Noraboa a todos e todas.

Entrega de premios

Imagen
Esta pasada semana fixemos entrega dos premios dos Concursos 1/2 minuto de ciencia , e Namórame en Galego. As e os afortunados foron Carmen Canabal de 1º de ESO pola súa curta Bolsas de "plástico" ; Noa Padín de 3º de ESO polo vídeo A miña nai, a miña amiga, todo; e Adrián Sobral, tamén de 3º de ESO,  por Chámome Mitsuha. Parabéns a todos.

Charlas científico-literarias

Imagen
Como convidados deste curso ás charlas científico literarias temos a Deborah García Bello que nos vai falar de Publicidade quimiofóbica, e a Xurxo Mariño , que nos contará cousas da súa viaxe arredor do mundo e o seu libro Terra. Deborah é licenciada en Química e divulgadora científica, traballa para diversos medios de comunicación e recibiu diferentes premios pola súa labor de divulgación científica. Ademáis é autora de dous libros: "Todo es cuestión de química" e "Que se le van las vitaminas" , e youtuber no seu canal de ciencia. Se queres coñecer máis sobre ela, visita o seu blog dimetilsulfuro ou o seu canal de youtube deborahciencia . Xurxo  é licenciado en Bioloxía, Doctor en Neurofisioloxía e profesor na Universidade de A Coruña, ademáis de divulgador científico. É autor de numerosos artigos e varios libros, entre eles " Neurociencia para Julia" e " Terra " (obra que este curso leron no Club de Lectura de Bacharelato, e o