Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2015

Celebrando o Día da Ciencia en Galego coa LUZ

Imagen
Aproveitando a declaración do 2015 como Ano Internacional da Luz e as Tecnoloxías baseadas na Luz , imos deseñar aparellos ópticos , experimentar coa luz e o son , entender o funcionamento da fibra óptica e divertirnos con anaglifos. Todo esto esto e máis, na primeira semana de Novembro no insti. Vinde a botarlle un ollo!!!

VI Día da Ciencia en Galego: Videoconferencia con Xurxo Mariño.

Imagen
A Coordinadora Galega de ENDL convócanos o 4 de Novembro a participar da videoconferencia : " A máquina que constrúe a mente e a realidade", a cargo do neurofisiólogo   Xurxo Mariño. Todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, deste xeito, crear a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o "eu" cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?

Ángeles Alvariño, científica galega 2015

Imagen
A Real Academia Galega adica este ano o Día da Ciencia en Galicia á oceanógrafa Ángeles Alvariño . Se un científico galego merece un recoñecemento é Ángeles Alvariño.  Toda a súa carreira como oceanógrafa parece tomada dun libro de aventuras. Dende as súas orixes en Ferrol, chegou a se converter nunha reputada investigadora nos Estados Unidos, acadando fitos como ser a primeira muller en viaxar nun buque británico como científica, sen esquecer as súas importantes achegas nos eidos nos que traballou ao longo da súa carreira.