Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

Somos uns/unhas Artistas

Imagen
Dous alumnos do centro resultaron premiados no XXV certamegráfico pola normalización lingüistica no Concurso de Adhesivos. Este ano o lema era "As cores da nosa lingua" A alumna de 2º de ESO, Aitana Vaamonde Armas , acadou o segundo premio na súa categoría cunha magnífica reinterpretación dunha "Verbena" de Maruxa Mallo. Toda unha festa de cores!. O alumno de 1º de ESO, Santiago  Ínsua González , foi finalista na súa categoría  e polo tanto tamén estará na exposición que percorrerá os distintos centros que participaron neste certame. A súa obra está baseada nun dos cadros que o eterno Castelao fixo sobre a figura dos cegos. Sóbranlle razóns ó seu lema! Parabéns ós dous e a todos os que participaron   Aquí os nosos artistas recibindo un pequeno agasallo polo seu bo traballo

NON VAIAS Á CLASE

Imagen
Hoxe varios grupos de 1º de bacharelato asistiron á proxección dunha curtametraxe titulada “Non vaias á clase”, realizada por profesorado e alumnado do instituto de   Pontecesures. Ó finalizar   a curta o director e guionista, Enrique Villanueva, entablou un diálogo cos alumnos acerca do significado da obra, do que eles entenderan e do que el quería transmitir. Animounos a facer pequenos traballos de cine cos seus medios e con moita imaxinación.  Alumnos/as atentos á curta  Co autor da curta

Días de curtas na Basella

Imagen
  Non é que lle queiramos facer sombra ós Goya nin ós Óscar, é que nos gusta o cine.  O alumnado de 1º de ESO pasouno ben vendo cine en galego.