Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2017

Presentación de ENORMIC BANDA

Imagen
Hoxe asistimos á presentación da revista de Banda Deseñada da Comarca do Salnés: ENORMIC BANDA, na que as compañeiras Irene Terrel e Águeda Nogueira, de 1º da ESO, teñen un cómic publicado. Contamos coa presenza de Ramón Caride, que escribe o limiar deste número cun emotivo recordo para a compañeira Rosa Feixóo falecida este curso, e cun saúdo por vídeo do debuxante Manel Cranio que ilustra a portada e contraportada da revista. Botádelle un ollo ao Enormic Banda na biblioteca, os traballos pagan moito a pena, disfrutádeos!!!

Falando do CERN e o LHC

Imagen
Esta pasada semana tivemos un encontro moi interesante co físico e profesor da USC e de Secundaria, Ramón Cid. El e o seu fillo teñen unha web en galego sobre as novidades no CERN e a física en xeral, que merece moito a pena. Ramón falounos da historia do CERN, e tamén da construción e funcionamento do LHC, e as súas importantes aportacións á ciencia, ademáis de moitas anécdotas divertidas. Disfrutamos moito da charla, especialmente o alumnado que viaxará a finais de curso a Xenebra para visitar as instalacións do CERN!!!

Celebrando as Letras Galegas

Imagen
Aquí tedes os enlaces para ver as fotos da busca do tesouro Carlos Casares , da Carreira pola Lingua cos compañeiros  e compañeiras de Faro das Lúas, e da mostra de i nterpretacións da obra de Maruja Mallo. Esperamos que vos gusten.

Letras Galegas 2017

Imagen
Carlos Casares é o homenaxeado deste ano nas  Letras Galegas, e para coñecer a súa vida e obra imos participar nunha busca do tesouro. Seguiremos pistas que nos levarán a percorrer o centro, preguntar ao profesorado, consultar webs e levarnos premios aos mellores grupos na caza do tesouro que é a nosa lingua. Tamén correremos polo noso idioma nunha carreira polo Terrón xunto co alumnado de Faro das Lúas portando lemas alusivos ao Día das Letras Galegas e á defensa do noso idioma. Boa xornada a todos e todas.

Encontro cientìfico con Ramòn Cid

Imagen
Este martes 23 de Maio o alumnado de 4º ESO e Bacharelato asistirà a unha charla do fìsico Ramòn Cid que nos falarà do CERN e o funcionamento do LHC (o acelerador de partìculas en Xenebra).  Ramòn Cid e Xabier Cid teñen unha excelente pàxina web "acercàndonos al lhc" en galego, castelàn e inglès, con informaciòn sobre a fìsica no acelerador de partìculas, que vos recomendamos que consultedes.  A charla serà especialmente interesante para o alumnado que vai viaxar a finais deste curso a Xenebra para coñecer as instalaciòns do CERN e disfrutar coa fìsica.