Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como daniel soutullo

Panorámica da euxenesia con Daniel Soutullo

Neste segundo encontro científico-literario contamos coa visita do biólogo e especialista en xenética e bioética, Daniel Soutullo, quen nos ofreceu un repaso sobre a historia da euxenesia.  Grazas pola interesante charla.

Charla con Daniel Soutullo "Panorámica da euxenesia"

Imagen
Neste segundo Encontro Científico-Literario do curso contamos con Daniel Soutullo como convidado.  Daniel Soutullo é catedrático de Bioloxía e Xeoloxía de Ensino Secundario e colaborou no Departamento de Xenética da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela onde se licenciou. Ten publicados multitude de ensaios de xenética e bioética como:  " De Darwin ao ADN. Ensaios sobre as implicacións sociais da bioloxía",   " La eugenesia. Desde Galton hasta hoy"  , " Os xenes e o futuro humano",  " Sobre clons e xenes. Ensaios sobre as implicacións sociais da bioloxía",  " Biología, cultura y ética. Crítica de la sociobiología humana",   " Las células madre, el genoma y las intervenciones genéticas. Ensayos sobre las implicaciones sociales de la biología"... Recibiu o Premio de Investigación sobre Bioética da Fundació Víctor Grífols i Lucas (Barcelona), no ano 2006, polo libro titulado Biología, ...