Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2017

XXIV concurso de adhesivos

Imagen
Un ano máis, a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística da Comarca do Salnés (da que formamos parte), convoca o certame de adhesivos pola normalización lingúística. Esta vez o lema é "Do pergamiño ao dixital. O patrimonio cultural galego, milenario e con futuro".  Hai premios en todas as categorías. Tedes ata o 23 de Xaneiro do 2018 para entregar os vosos traballos. Participade!!!

Enredando coa ciencia

Imagen
O alumnado de primeiro ciclo da ESO está esta semana visitando a biblioteca do centro para coñecer de cerca a exposición de ciencia e poder fedellar un rato cos aparellos e maquetas que temos alí expostos. Xa nos contarán que é o que máis lles gustou da mostra. Por outra banda, entregamos os premios aos gañadores do concurso CICI, dúas entradas para o cine. Parabéns a Carmen Chazo de 2º da ESO, Miguel Angel Caldas de 3º da ESO, e Nicolás González de 4º da ESO. Estamos a esperar, ademáis, os vosos vídeos de 30 sg do concurso 1/2 minuto de ciencia. Participade!

Exposición Ciencia en Galego na Biblioteca

Imagen
Hologramas, piano con froitas, cúpulas xeodésicas, gafas de realidade virtual, impresora 3D, hologramas, maquetas de células, motor Stirling... e moito máis espallado na nosa biblioteca. Ademáis, co lema Viaxes pola Ciencia, coñeceremos máis sobre Darwin e a súa viaxe no Beagle a través dos cartaces de Igaciencia, e outros elaborados polo alumnado de 1º Bach, e amosaremos os robots exploratorios que o alumnado de 1º da ESO deseñou para viaxar a diferentes corpos do Sistema Solar. Tamé vos imos recomendar lecturas relacionadas coa temática de viaxes pola ciencia, como "Terra" de Xurxo Mariño, "Os nenos da varíola" de María Solar ou "Fontán" de Marcos Calveiro. Toda unha invasión de ciencia na biblioteca. Ven a vela!!!

Concurso 1/2 MINUTO DE CIENCIA en Galego

Imagen
Es youtuber? Gústache a ciencia? Cal é o fenómeno natural que máis che flipa? Teoría do Big Bang? Química na cociña? Vexo ciencia ao meu redor? Imos montar un estudo de gravación nos recreos. Prepara os teus 30 sg de fama e anímate a participar no concurso. Hai tres categorías con cadanseu premio: A (1º ciclo ESO), B (2º ciclo ESO) e C (libre). Se precisas axuda contacta cos profes Cristóbal (Tecnoloxía), Ana (Inglés) e Raquel (Bioloxía). Colgaremos os vídeos no padlet 1/2 minuto de ciencia no IES A Basella. O reto é : Novembro, 30 días, 30 vídeos de 30 sg de ciencia. Participa! Nós xa temos o noso vídeo!

Concurso CICI

Imagen
Comezamos as actividades do mes da ciencia na biblioteca, cun concurso que mestura o cine e a ciencia (ciencia-ficción sobre todo). Accedendo a través da web do instituto podes ver a carteleira  que en Novembro temos na biblioteca e cubrir un cuestionario online sobre aspectos científicos destas pelíclas. Consulta as bases do concurso e atrévete a participar e levarte un premio. E segue atento/a ás novidades de cine e ciencia na biblioteca do insti!!!