Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2019

Aquel-e Youtuber galego e a Galiza Pop

Imagen
O pasado luns 25 de febreiro visitounos o youtubeiro Miguel Silva, máis coñecido polo pseudónimo Aquel-e para falarnos do presente e do pasado da Galiza Pop . Intentou achegar ó alumnado de 1º de bacharelato, con ironía e humor, información de cancións e grupos en galego que fixeron historia. Así mesmo animou ó alumnado para que deixe de lado posibles prexuízos e se interese pola produción galega e que vexan que hai grupos galegos actuais que lles van gustar.   Moitos alumnos/as sorprendéronse de que houbera grupos que facían música en galego que lles poderían interesar.

24 de Febreiro. Día de Rosalía de Castro. O Noso Día

Imagen
Para celebrar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro fixemos varias actividades co alumnado: marcapáxinas; un pequeno mural, seleccionamos imaxes onde aparece o poder símbólico da figura de Rosalía; puxéronse no corredor vídeos con poemas e cancións baseadas nas súas poesías; o alumnado de 1º ESO recitou poemas ós compañeiros de outros cursos...  QUE A FALA E AS IDEAS DE ROSALÍA NON QUEDEN NO ESQUECEMENTO  Arriba: alumnado de 1º e 2º de ESO realizando o mural. Abaixo: a obra rematada Como quedou no corredor  Recitando para os compañeiros   Esquerda: Marcapáxinas feitos polos alumnos de 1º ESO Abaixo: cartel celebración