Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como ramón caride

Presentación de ENORMIC BANDA

Imagen
Hoxe asistimos á presentación da revista de Banda Deseñada da Comarca do Salnés: ENORMIC BANDA, na que as compañeiras Irene Terrel e Águeda Nogueira, de 1º da ESO, teñen un cómic publicado. Contamos coa presenza de Ramón Caride, que escribe o limiar deste número cun emotivo recordo para a compañeira Rosa Feixóo falecida este curso, e cun saúdo por vídeo do debuxante Manel Cranio que ilustra a portada e contraportada da revista. Botádelle un ollo ao Enormic Banda na biblioteca, os traballos pagan moito a pena, disfrutádeos!!!

Charla con Ramón Caride

Imagen
Comezamos as charlas científico-literarias deste curso con Ramón Caride, que este xoves 29 de Xaneiro virá a conversar co alumnado de 1º de Bacharelato. Ramón Caride é autor dunha gran cantidade de literatura infantil e xuvenil, poesía, relatos e moito máis, e coñecido por nós sobre todo pola súa novela "Sarou" , da que poderemos charlar e compartir impresións nesta charla. Esta novela, ambientade na comarca de nome Sarou, reflexa a vida das xeracións perdidas, da reconversión dos vellos oficios e do narcotráfico. Algunhas das novelas ou libros de relatos de Ramón Caride, están ilustrados por debuxantes tan afamados como Miguel Anxo Prado ou Manuel Busto. As integrantes do Club de Lectura de A Basella, estivemos a ler "Endogamia 0.2" , un libro de relatos de Caride ilustrado por Manuel Busto (que ademáis é o profesor de Educación Plástica e Visual do noso instituto) así que aproveitaremos tamén para comentar con eles as nosas impresións.