Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2012

"Un paseo polos bordes da ciencia cercana" con Jorge Mira

Imagen
O pasado 20 de Marzo o físico Jorge Mira ofreceunos unha charla na que falamos de diversas curiosidades da ciencia, como o dimorfismo sexual, o índice de masa corporal das desnutridas modelos, os interesantes e divertidos estudos gañadores dos Ig-Nobel   ou o funcionamento do botafumeiro da catedral de Santiago de Compostela. Que vos pareceu a charla?

Encontros con Jorge Mira e Marilar Aleixandre

Imagen
Dentro do noso programa de charlas científico-literarias, este curso temos como convidados a Jorge Mira e a Marilar Aleixandre. O vindeiro 20 de Marzo teremos a oportunidade de conversar co físico Jorge Mira . "Un paseo polos bordes da ciencia cercana" é o título da charla que nos ofrecerá e poderemos preguntarlle curiosidades científicas como as recollidas no seu libro A ciencia no punto de Mira e coñecer máis do seu traballo. Jorge Mira é Doutor en Física pola Universidade de Santiago con Premio Extraordinario e catedrático de electromagnetismo nesta universidade, recibindo ademáis moitos galardóns pola súa labor de investigación. É moi coñecido por participar como experto en cifras no programa autonómico "Cifras e Letras" e ademáis, é colaborador en varios programas e seccións na televisión, radio e prensa. É tamén o director do Programa Conciencia , unha iniciativa de divulgación científica onde se invita a diferentes expertos e Premios Nobel do mundo da ci