Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como SALSEIROS
Imagen
  SALSEIROS ESTREA- REFLEXIÓNS SOBRE O CONFINAMENTO (DESDE O 12 DE MARZO ATA FINAL DE CURSO) Introdución: Abrimos o espazo Salseiros referíndonos ás reflexións feitas por escrito a comezo de curso polo alumnado de 4ºESO e 1ºBAC sobre o tempo de confinamento. É probable que te sintas identificado/a con algunas das cuestións que quedaron reflectidas en ditas redaccións. Imos comentalas en conxunto e despois deixaremos testemuños concretos compartidos xenerosamente por un grupo de alumnos/as. Cuestións negativas: Por unha banda o alumnado falou das cuestións que puxeron a proba a nosa resiliencia desde o inicio: medo pola incertidume, rutina e aburrimento no día a día, sensación de illamento, tensión ou discusión entre convivintes, tristura pola falta de contacto con familiares e amigos, trastornos do sono, horarios caóticos, … E xa no período de desconfinamento sinalouse o medo a saír á rúa ou mesmo a estar en espazos abertos con moita xente. A incomodidade de levar a másc...