Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2014

Mil primaveras para o galego

   Sumámonos á iniciativa de Prolingua e "por nós o galego terá mil primaveras máis".

Celebrando as Letras Galegas

O Departamento de Lingua Galega organizou unha Busca do Tesouro con preguntas sobre a vida e obra de Xosé María Díaz Castro, o homenaxeado das Letras Galegas deste ano, e o profesor Xabier Marqués ofreceunos un interesante percorrido polo pop-rock galego a través de diferentes videoclips dende os anos da movida ata hoxe . Grazas a tod@s!!!

Charla con Daniel Soutullo "Panorámica da euxenesia"

Imagen
Neste segundo Encontro Científico-Literario do curso contamos con Daniel Soutullo como convidado.  Daniel Soutullo é catedrático de Bioloxía e Xeoloxía de Ensino Secundario e colaborou no Departamento de Xenética da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela onde se licenciou. Ten publicados multitude de ensaios de xenética e bioética como:  " De Darwin ao ADN. Ensaios sobre as implicacións sociais da bioloxía",   " La eugenesia. Desde Galton hasta hoy"  , " Os xenes e o futuro humano",  " Sobre clons e xenes. Ensaios sobre as implicacións sociais da bioloxía",  " Biología, cultura y ética. Crítica de la sociobiología humana",   " Las células madre, el genoma y las intervenciones genéticas. Ensayos sobre las implicaciones sociales de la biología"... Recibiu o Premio de Investigación sobre Bioética da Fundació Víctor Grífols i Lucas (Barcelona), no ano 2006, polo libro titulado Biología,

Letras Galegas 2014

Imagen
O homenaxeado deste ano é Xosé María Díaz Castro e podemos achegarnos á súa vida e obra a través dos cartaces expostos nos corredores do centro ou da web da coordinadora galega de normalización lingüística.  Para celebrar o día da nosa lingua, no IES A Basella, durante a mañá do venres 16 de maio, faremos buscas do tesouro con preguntas sobre o homenaxeado deste ano e teremos sesións de curtas, vídeos musicais e karaoke en galego. Xornada festiva para celebrar a nosa cultura na nosa lingua. Feliz Día das Letras Galegas a tod@s!!!

Obradoiro con Iolanda Casal

 A xornalista científica Iolanda Casal ofreceu unha charla-obradoiro ao alumnado de 4º ESO sobre "a muller e a ciencia nos medios de comunicación" .  Puidemos reflexionar con ela sobre o tratamento que recibe a muller nos diferentes medios de comunicación e analizar algúns plantexamentos pseudocientíficos que tentan perpetuar estereotipos de xénero.  Pasamos un rato moi agradable coa nosa convidada, grazas Iolanda.

Premio Leixaprén

Imagen
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística convoca o premio Leixaprén , estas son as candidaturas entre as que imos escoller a nosa favorita.  Tivemos a oportunidade de coñecer en persoa a unha das candidatas, a música e cantautora Sés, que o curso pasado, convidada polos Departamentos de Normalización Lingüística dos institutos de Faro das Lúas, Illa de Arousa e A Basella, ofreceunos un fermoso concerto do que gardamos moi bo recordo.  Parabéns a tod@s os nominad@s!!!