Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como ciencia

Ciencia, aventura e sorpresas nunha viaxe arredor do mundo

Imagen
Hoxe Xurxo Mariño estivo compartindo co alumnado de 2º Ciclo da ESO as súas apaixonantes experiencias arredor do mundo. Ensinounos, entre outras cousas, a ver a nosa contorna con ollos de científico. Foi unha charla moi interesante!!! Grazas Xurxo.

Obradoiro con Iolanda Casal

 A xornalista científica Iolanda Casal ofreceu unha charla-obradoiro ao alumnado de 4º ESO sobre "a muller e a ciencia nos medios de comunicación" .  Puidemos reflexionar con ela sobre o tratamento que recibe a muller nos diferentes medios de comunicación e analizar algúns plantexamentos pseudocientíficos que tentan perpetuar estereotipos de xénero.  Pasamos un rato moi agradable coa nosa convidada, grazas Iolanda.

Encontros científico-literarios con Iolanda Casal

Imagen
Este 30 de Abril contaremos coa visita da xornalista científica Iolanda Casal que nos falará da  "muller e ciencia nos medios de comunicación" .  Iolanda Casal é Licenciada en Xornalismo e ten un Máster en Igualdade e Xénero. Traballa como xornalista pero tamén é escritora. Ten publicada unha obra en dous tomos "Investigadoras galegas", na que recolle a traxectoria de 100 investigadoras galegas.  Recibiu ademais, o V Premio de Xornalismo Científico por unha serie de reportaxes de mulleres investigadoras. Ofreceranos un obradoiro no que traballaremos con noticias de prensa e veremos o tratamento que os  medios de comunicación lles dan á ciencia e ás mulleres.

Arte e Ciencia en galego

Imagen
O IV Día da Ciencia en Galego , co lema Arte e Ciencia , está adicado a Bucky Fuller , Isaac Díaz Pardo e Nightingale . Imos a coñecer algo máis deles. Bucky Fuller   (1895-1983) foi un arquitecto e diseñador americano moi coñecido polo deseño da cúpula xeodésica , estrutura estable e lixeira que se pode ver hoxe por todo o mundo en moitos edificios. Foi tamén un activista medioambiental consciente da necesidade dun uso sostible dos recursos. Isaac Díaz Pardo (1920-2012) foi un pintor, escritor, deseñador e empresario galego propulsor dun gran número de actividades industriais e culturais galegas. Fundou, xunto con outros galeguistas, o Laboratorio de Formas , do que foron xurdindo outros proxectos como o Complexo Industrial d e Sargadelos , as Edicións do Castro , o Museo Carlos Maside ou o Seminario de Estudos Galegos. Florence Nightingale (1820-1910) foi unha enfermera, escritora e estadística británica. Sentou as bases da profesionalización da enfer...

"Un paseo polos bordes da ciencia cercana" con Jorge Mira

Imagen
O pasado 20 de Marzo o físico Jorge Mira ofreceunos unha charla na que falamos de diversas curiosidades da ciencia, como o dimorfismo sexual, o índice de masa corporal das desnutridas modelos, os interesantes e divertidos estudos gañadores dos Ig-Nobel   ou o funcionamento do botafumeiro da catedral de Santiago de Compostela. Que vos pareceu a charla?

Celebramos o día da ciencia en galego

con moitas actividades: experimentos de ciencia, lectura de textos científicos, exposición de cartaces, explicación do método científico, conferencia de xenética con Carracedo... bótalle un ollo ás fotos!!! Ver todas Consigue el tuyo