Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como xornalismo

Encontros científico-literarios con Iolanda Casal

Imagen
Este 30 de Abril contaremos coa visita da xornalista científica Iolanda Casal que nos falará da  "muller e ciencia nos medios de comunicación" .  Iolanda Casal é Licenciada en Xornalismo e ten un Máster en Igualdade e Xénero. Traballa como xornalista pero tamén é escritora. Ten publicada unha obra en dous tomos "Investigadoras galegas", na que recolle a traxectoria de 100 investigadoras galegas.  Recibiu ademais, o V Premio de Xornalismo Científico por unha serie de reportaxes de mulleres investigadoras. Ofreceranos un obradoiro no que traballaremos con noticias de prensa e veremos o tratamento que os  medios de comunicación lles dan á ciencia e ás mulleres.