Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como día da ciencia en galego

Enredando coa ciencia

Imagen
O alumnado de primeiro ciclo da ESO está esta semana visitando a biblioteca do centro para coñecer de cerca a exposición de ciencia e poder fedellar un rato cos aparellos e maquetas que temos alí expostos. Xa nos contarán que é o que máis lles gustou da mostra. Por outra banda, entregamos os premios aos gañadores do concurso CICI, dúas entradas para o cine. Parabéns a Carmen Chazo de 2º da ESO, Miguel Angel Caldas de 3º da ESO, e Nicolás González de 4º da ESO. Estamos a esperar, ademáis, os vosos vídeos de 30 sg do concurso 1/2 minuto de ciencia. Participade!

Exposición Ciencia en Galego na Biblioteca

Imagen
Hologramas, piano con froitas, cúpulas xeodésicas, gafas de realidade virtual, impresora 3D, hologramas, maquetas de células, motor Stirling... e moito máis espallado na nosa biblioteca. Ademáis, co lema Viaxes pola Ciencia, coñeceremos máis sobre Darwin e a súa viaxe no Beagle a través dos cartaces de Igaciencia, e outros elaborados polo alumnado de 1º Bach, e amosaremos os robots exploratorios que o alumnado de 1º da ESO deseñou para viaxar a diferentes corpos do Sistema Solar. Tamé vos imos recomendar lecturas relacionadas coa temática de viaxes pola ciencia, como "Terra" de Xurxo Mariño, "Os nenos da varíola" de María Solar ou "Fontán" de Marcos Calveiro. Toda unha invasión de ciencia na biblioteca. Ven a vela!!!

Concurso 1/2 MINUTO DE CIENCIA en Galego

Imagen
Es youtuber? Gústache a ciencia? Cal é o fenómeno natural que máis che flipa? Teoría do Big Bang? Química na cociña? Vexo ciencia ao meu redor? Imos montar un estudo de gravación nos recreos. Prepara os teus 30 sg de fama e anímate a participar no concurso. Hai tres categorías con cadanseu premio: A (1º ciclo ESO), B (2º ciclo ESO) e C (libre). Se precisas axuda contacta cos profes Cristóbal (Tecnoloxía), Ana (Inglés) e Raquel (Bioloxía). Colgaremos os vídeos no padlet 1/2 minuto de ciencia no IES A Basella. O reto é : Novembro, 30 días, 30 vídeos de 30 sg de ciencia. Participa! Nós xa temos o noso vídeo!

Concurso CICI

Imagen
Comezamos as actividades do mes da ciencia na biblioteca, cun concurso que mestura o cine e a ciencia (ciencia-ficción sobre todo). Accedendo a través da web do instituto podes ver a carteleira  que en Novembro temos na biblioteca e cubrir un cuestionario online sobre aspectos científicos destas pelíclas. Consulta as bases do concurso e atrévete a participar e levarte un premio. E segue atento/a ás novidades de cine e ciencia na biblioteca do insti!!!

Ciencia en Galego no mes de Novembro

Imagen
Sumándonos á iniciativa de Igaciencia de adicar este ano o Día da Ciencia en Galego ás Viaxes pola Ciencia, imos recrear dous tipos moi diferentes de viaxes cientíticas. "A viaxe do Beagle" : o alumnado de Cultura Científica de Bacharelato recordaranos a importancia da viaxe de Darwin no desenvolvemento das ideas sobre a orixe das especies e a evolución. "Explorando outros planetas" : o alumnado de 1º da ESO presentaranos deseños dos seus robots exploratorios para o coñecemento dos planetas do Sistema Solar como homenaxe ás viaxes científicas espaciais. Estade atentos ademáis, ás novidades na Biblioteca, que este mes de Novembro se vestirá de Cine Científico con moitas sorpresas e novidades.

Día da Ciencia en Galego

Imagen
Comezamos este curso celebrando, como todos os meses de Novembro, a ciencia en galego. Aproveitando que este 2016 é o Ano Internacional dos Legumes , imos traballar sobre eles con axuda do material elaborado por Igaciencia . E ao fío dos legumes, adicámoslle o día á xenética, a Mendel e os seus famosos chícharos, e a Cruz Galléstegui, que introduce a xenética en España. Por outra banda, achegámonos á ciencia a través da radio escoitando programas de Efervesciencia da radio galega, pois nos vindeiros meses,  teremos como convidado nas charlas científico-literarias, ao divulgador científico que dirixe este programa, Manuel Vicente.

Celebrando o Día da Ciencia en Galego coa LUZ

Imagen
Aproveitando a declaración do 2015 como Ano Internacional da Luz e as Tecnoloxías baseadas na Luz , imos deseñar aparellos ópticos , experimentar coa luz e o son , entender o funcionamento da fibra óptica e divertirnos con anaglifos. Todo esto esto e máis, na primeira semana de Novembro no insti. Vinde a botarlle un ollo!!!

VI Día da Ciencia en Galego: Videoconferencia con Xurxo Mariño.

Imagen
A Coordinadora Galega de ENDL convócanos o 4 de Novembro a participar da videoconferencia : " A máquina que constrúe a mente e a realidade", a cargo do neurofisiólogo   Xurxo Mariño. Todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, deste xeito, crear a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o "eu" cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?

Ángeles Alvariño, científica galega 2015

Imagen
A Real Academia Galega adica este ano o Día da Ciencia en Galicia á oceanógrafa Ángeles Alvariño . Se un científico galego merece un recoñecemento é Ángeles Alvariño.  Toda a súa carreira como oceanógrafa parece tomada dun libro de aventuras. Dende as súas orixes en Ferrol, chegou a se converter nunha reputada investigadora nos Estados Unidos, acadando fitos como ser a primeira muller en viaxar nun buque británico como científica, sen esquecer as súas importantes achegas nos eidos nos que traballou ao longo da súa carreira.

Cartaces gañadores no Día da Ciencia en Galego

Imagen
María Ramos e Estela Bea, de 1º de Bacharelato, foron as gañadoras do concurso de cartaces no Día da Ciencia. Parabéns!

Enredando coa ciencia

Experimentos, xogos e charlas científicas no Día da Ciencia en Galego.

Coñecendo a Turing e a robótica en Galicia

Este ano no Día Da Ciencia en Galego, reivindicamos o dereito a estudar a Física en galego cunha presentación sobre as aportacións de Alan Turing no campo da Intelixencia artificial, e co documental "O robot galego", no que coñecimos o que se está a facer en robótica na Galiza.  Alan Turing, día da ciencia en galego, IES A Basella from pinksoda

Celebrando a Semana da Ciencia en Galego

Imagen
Este curso celebramos o Día da Ciencia en Galego durante a primeira semana de Novembro con moitas actividades:   - Experimentos, xogos e aparellos científicos na Biblioteca;    - Videoconferencia sobre programación de ordenadores cun enxeñeiro en telecomunicacións;   - Falaremos de intelixencia artificial tras a visualizacion do documental "O robot galego" ;   - Participaremos no Concurso de Fotografía Matemática e no Concurso de Cartaces homenaxeando a Newton , Xosé Rodríguez , Ada Lovelace e Alan Turing .  Animádevos a participar nos concursos haberá premios para os mellores!!!

Videoconferencia "A ciencia da programacion de ordenadores"

Imagen
A Coordinadora Galega de ENDL convídanos no Día da Ciencia en Galego , a participar nunha videoconferencia con Manuel Caeiro, Doutor en Enxeñería de Telecomunicación e profesor da Universidade de Vigo, na que nos falará da historia da programación de ordenadores. O 5 de Novembro os grupos de 1º de Bacharelato asistirán á videoconferencia.

Traballos premiados no Día da Ciencia en Galego

Imagen
Premios no concurso de Fotografía Matemática  (María Ramos 4º ESO e Javier Mariño 3ºESO) Premios no concurso de Cartaces do Día da Ciencia (Claudia María y David Dios, 1º Bac)

Videoconferencia con Jorge Mira no IV Día da Ciencia en Galego

Imagen
O 12 de Novembro, e continuando coas celebracións do IV Día da Ciencia en Galego, o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato asistirán a unha videoconferencia na que Jorge Mira nos falará de Como medir distancias e tamaños da Terra, o Sol e a Lúa  É unha actividade para todos os centros de Secundaria, organizada pola Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística.

Celebrando o Día da Ciencia en galego, parabéns a tod@s polo traballo.

Concursos de fotografía matemática e obras artístico-científicas, exposicións e experimentos no laboratorio, para o 4 Novembro, Día da Ciencia en Galego

Imagen
Sairemos á rúa a buscar motivos matemáticos na natureza e o mobiliario urbano para logo participar coa nosa foto "tuneada" matematicamente no Concurso de Fotografía Matemática.  Darémoslle voltas ao coco para crear a nosa obra artístico-matemática e participar no concurso de Arte e Ciencia (papiroflexia, escultura, debuxo técnico, estruturas arquitectónicas... utiliza cousas que teñas por casa!!!). O 4 de Novembro poderemos coñecer enxeños tecnolóxicos da man do alumnado de 2ºda ESO, aprenderemos algo máis da obra dos homenaxeados deste ano (Bucky Fuller, Isaac Díaz Pardo e Florence Nightingale) a través dos cartaces elaborados polo alumnado de 1º de Bach, e os maiores do insti levarán aos pequenos ao laboratorio para experimentar coa ciencia en galego!!!       Premios en tódolos concursos.

Arte e Ciencia en galego

Imagen
O IV Día da Ciencia en Galego , co lema Arte e Ciencia , está adicado a Bucky Fuller , Isaac Díaz Pardo e Nightingale . Imos a coñecer algo máis deles. Bucky Fuller   (1895-1983) foi un arquitecto e diseñador americano moi coñecido polo deseño da cúpula xeodésica , estrutura estable e lixeira que se pode ver hoxe por todo o mundo en moitos edificios. Foi tamén un activista medioambiental consciente da necesidade dun uso sostible dos recursos. Isaac Díaz Pardo (1920-2012) foi un pintor, escritor, deseñador e empresario galego propulsor dun gran número de actividades industriais e culturais galegas. Fundou, xunto con outros galeguistas, o Laboratorio de Formas , do que foron xurdindo outros proxectos como o Complexo Industrial d e Sargadelos , as Edicións do Castro , o Museo Carlos Maside ou o Seminario de Estudos Galegos. Florence Nightingale (1820-1910) foi unha enfermera, escritora e estadística británica. Sentou as bases da profesionalización da enfer...

Día da Ciencia en Galego 2013

Imagen
 A primeira semana de Novembro celebraremos a Ciencia en Galego con actividades e exposicións para tod@s.