VI Día da Ciencia en Galego: Videoconferencia con Xurxo Mariño.


A Coordinadora Galega de ENDL convócanos o 4 de Novembro a participar da videoconferencia : "A máquina que constrúe a mente e a realidade", a cargo do neurofisiólogo  Xurxo Mariño.

Todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, deste xeito, crear a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o "eu" cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?




Comentarios