Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como día das letras galegas

Letras Galegas 2017

Imagen
Carlos Casares é o homenaxeado deste ano nas  Letras Galegas, e para coñecer a súa vida e obra imos participar nunha busca do tesouro. Seguiremos pistas que nos levarán a percorrer o centro, preguntar ao profesorado, consultar webs e levarnos premios aos mellores grupos na caza do tesouro que é a nosa lingua. Tamén correremos polo noso idioma nunha carreira polo Terrón xunto co alumnado de Faro das Lúas portando lemas alusivos ao Día das Letras Galegas e á defensa do noso idioma. Boa xornada a todos e todas.

Letras Galegas 2016

Imagen
Para celebrar o Día das Letras Galegas, o alumnado de 1º da ESO botou a lingua fóra polo noso idioma, nunha carreira polo Terrón xunto co alumnado do Faro das Lúas. Tamén teremos estos días unha busca do tesouro e exposicións sobre o homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas, Manuel María. Feliz Día da nosa Lingua a todos/as!

En fotos a charla con Ramón Cid sobre o LHC e a busca do tesouro sobre as Letras Galegas e a Semana Cultural

Xogo de pistas pola lingua

A celebración do Día das Letras Galegas foi todo un éxito. Equipos de alumnado de 1º da ESO do Faro das Lúas e A Basella, percorreron as rúas de Vilanova buscando en lugares emblemáticos da vila, as pistas para construír o lema "A lingua galega é o noso tesouro" . Gracias a tod@s @s profesor@s e alumn@s por un día tan especial e noraboa ao equipo gañador.

Letras Galegas 2015

Imagen
Para celebrar o Dìa das Letras Galegas temos organizadas un montòn de actividades que esperemos disfrutemos moito. Este venres 15 de Xaneiro o alumnado de 1º da ESO do noso instituto e do Faro das Lùas, participará nun xogo de pistas pola vila. Xogaremos por equipos mixtos (dos dous institutos), cada equipo levarà un lema en defensa da lingua, e seguindo as pistas atoparemos en lugares emblemàticos do noso pobo, a clave para averiguar a frase coa que gañaremos o xogo. O equipo que dé coa clave màis rapidamente recibirà uns agasallos. Sorte a tod@s. Do 18 ao 22 de Maio celebraremos a Semana Cultural no instituto, haberà exposiciòns de pinturas e traballos sobre dous ilustres Galegos Emigrados (Seoane e Castelao), ciclo de curtas, e actividades na biblioteca (como o "aconséllame algo").  Faremos unha busca do tesouro con preguntas sobre o homenaxeado deste ano das Letras Galegas, Xosé Filgueira Valverde , sobre Castelao e Seoane, e outros escritores e artistas ga...

Celebrando as Letras Galegas

O Departamento de Lingua Galega organizou unha Busca do Tesouro con preguntas sobre a vida e obra de Xosé María Díaz Castro, o homenaxeado das Letras Galegas deste ano, e o profesor Xabier Marqués ofreceunos un interesante percorrido polo pop-rock galego a través de diferentes videoclips dende os anos da movida ata hoxe . Grazas a tod@s!!!

Letras Galegas 2014

Imagen
O homenaxeado deste ano é Xosé María Díaz Castro e podemos achegarnos á súa vida e obra a través dos cartaces expostos nos corredores do centro ou da web da coordinadora galega de normalización lingüística.  Para celebrar o día da nosa lingua, no IES A Basella, durante a mañá do venres 16 de maio, faremos buscas do tesouro con preguntas sobre o homenaxeado deste ano e teremos sesións de curtas, vídeos musicais e karaoke en galego. Xornada festiva para celebrar a nosa cultura na nosa lingua. Feliz Día das Letras Galegas a tod@s!!!

Twittea aquí en galego

Imagen
Para celebrar o día das Letras Galegas este ano, temos unha saba no corredor do centro onde podes contarnos o que queiras, ou lembrarnos esa expresión ou palabra que especialmente che gusta, na nosa lingua.

Valentín Paz Andrade. Letras Galegas 2012.

Imagen

Celebrando o día das Letras Galegas no instituto.

Imagen
Podedes disfrutar dalgunhas das poesías de Lois Pereiro recitadas por alumnos/as, profes e pesoal do noso centro. O fermoso traballo foi posible gracias aos compañeiros Xavier e Joaquín que se encargaron da imaxe e o son. Gracias a todos/as por participar.

Para coñecer un pouco máis a poesía e a vida de Lois Pereiro

Imagen
Un breve paseo pola poesía de Lois Pereiro ... (realizado polo compañeiro Emilio)

Día das Letras Galegas 2011, Lois Pereiro, escritor e poeta.

Imagen
  Recursos sobre Lois Pereiro na páxina da Coordinadora Galega .