Obradoiro con Iolanda Casal
A xornalista científica Iolanda Casal ofreceu unha charla-obradoiro ao alumnado de 4º ESO sobre "a muller e a ciencia nos medios de comunicación" . Puidemos reflexionar con ela sobre o tratamento que recibe a muller nos diferentes medios de comunicación e analizar algúns plantexamentos pseudocientíficos que tentan perpetuar estereotipos de xénero. Pasamos un rato moi agradable coa nosa convidada, grazas Iolanda.