Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como concurso de adhesivos

Noraboa Raquel Nine

Imagen
Hoxe, Raquel e Nuria, acompañadas pola profesora Celia, foron ao IES Castro Alobre a recoller o diploma e agasallo polo premio do Certame de Adhesivos de Normalización Lingüística. Asistiron a unha actuación musical e pasáronno de marabilla. Grazas aos organizadores.

XXIV concurso de adhesivos

Imagen
Un ano máis, a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística da Comarca do Salnés (da que formamos parte), convoca o certame de adhesivos pola normalización lingúística. Esta vez o lema é "Do pergamiño ao dixital. O patrimonio cultural galego, milenario e con futuro".  Hai premios en todas as categorías. Tedes ata o 23 de Xaneiro do 2018 para entregar os vosos traballos. Participade!!!

XXII Concurso de Adhesivos: O GALEGO REGRESA AO FUTURO. Outros 100 anos pola lingua.

Imagen
Todos os alumnos e alumnas dos centros de ensino secundario da Comarca do Salnés estades convidados a participar no XXII Concurso de Adhesivos presentando un traballo orixinal e inédito en calquera formato, material ou cor, cun texto alusivo ao tema proposto: O GALEGO REGRESA AO FUTURO. Outros 100 anos pola lingua.   Haberá dous premios por cada unha das tres categorías (primer ciclo da ESO, segundo ciclo da ESO e Bacharelato, Ciclos e Escolas de Idiomas). Tendes ata o 22 de Xaneiro para entregar os vosos traballos.  O orixinal de cada traballo, sen asinar e sen datos identificativos, será entregado na Secretaría do Centro onde o/a participante curse os seus estudos, axuntando un sobre pechado co lema do traballo escrito na parte exterior. No interior do sobre debe ir unha ficha na que figuren os datos persoais (nome e apelidos, centro ao que pertence, curso, grupo, enderezo, teléfono e idade), do alumno ou alumna.

XX Concurso de Adhesivos

Imagen
Un curso máis, a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés, convoca o concurso de adhesivos, desta vez, co lema: Redes Sociais e Lingua . Tedes ata o 20 de Xaneiro para presentar o voso deseño cun lema en galego que faga referencia ao tema proposto.  Hai premios en tódalas categorías.  Participade!!!

XIX Certame do Concurso de Adhesivos pola Normalización Lingüística

Imagen
Co tema Arquitectura e Lingua, esperamos os deseños dos vosos adhesivos ata o 25 de Xaneiro. Traballo libre en branco enegro ou cor, cun texto orixinal e inédito que faga referencia ao tema. Hai premios en diferentes categorías. Organiza a Coordinadora de ENDL do Salnés. Todos/as a pensar!!!

XVIII Certame de Adhesivos

Imagen
A Coordinadora do Salnés convoca un ano máis o concurso de deseño de adhesivos co tema," Contra a crise, en galego". O formato é libre e deberá incluir un texto orixinal e inédito. Haberá primeiro e segundo premio en tres categorías (1º ciclo da ESO, 2º ciclo da ESO e Bacharelato, ciclos e Escola de Idiomas). Os premiados recibirán un diploma e os seus traballos serán editados. Tedes ata o 21 de Decembro, animádevos a participar, deseña o teu adhesivo!!!!