Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como sés

Premio Leixaprén

Imagen
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística convoca o premio Leixaprén , estas son as candidaturas entre as que imos escoller a nosa favorita.  Tivemos a oportunidade de coñecer en persoa a unha das candidatas, a música e cantautora Sés, que o curso pasado, convidada polos Departamentos de Normalización Lingüística dos institutos de Faro das Lúas, Illa de Arousa e A Basella, ofreceunos un fermoso concerto do que gardamos moi bo recordo.  Parabéns a tod@s os nominad@s!!!

Xornada de música e risas no concerto de Sés

Imos de concerto con Sés

Imagen
O 30 de Abril o alumnado de 3º e 4º da ESO do Faro das Lúas, o da Illa de Arousa e o da Basella, acercarémonos ao auditario da Illa de Arousa para disfrutar do concerto de Sés.  Sés é o proxecto musical da cantautora coruñesa María Xosé Silvar: ritmos americanos repensados en galego e en feminino, letras escritas a conciencia e unha actitude enérxica e independente enriba e debaixo do escenario. María Xosé Silvar é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social, está formada en música e baile tradicional, colaborou con varios músicos e ten publicado un disco coa súa banda, "Admirando a condición" . O próximo martes 30 de Abril actuará en acústico co guitarrista Tito José Calviño. Espero que disfrutemos moito do concerto...