Entradas

Mostrando entradas de abril, 2013

Xornada de música e risas no concerto de Sés

Imos de concerto con Sés

Imagen
O 30 de Abril o alumnado de 3º e 4º da ESO do Faro das Lúas, o da Illa de Arousa e o da Basella, acercarémonos ao auditario da Illa de Arousa para disfrutar do concerto de Sés.  Sés é o proxecto musical da cantautora coruñesa María Xosé Silvar: ritmos americanos repensados en galego e en feminino, letras escritas a conciencia e unha actitude enérxica e independente enriba e debaixo do escenario. María Xosé Silvar é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social, está formada en música e baile tradicional, colaborou con varios músicos e ten publicado un disco coa súa banda, "Admirando a condición" . O próximo martes 30 de Abril actuará en acústico co guitarrista Tito José Calviño. Espero que disfrutemos moito do concerto...

Radiacións, teléfonos móbiles e saúde con Xurxo Mariño

Imagen

Encontros científico-literarios: Xurxo Mariño

Imagen
O próximo 11 de Abril contaremos coa visita do neurofisiólogo Xurxo Mariño que nos dará unha charla sobre Radiacións, teléfonos móbiles e saúde.     Neurocom e outras asociacións científicas máis. É tamén un gran divulgador científico que colabora en webs como culturagalega.org ou naukas.com e organiza "café-teatro-científicos". Ten publicado ademáis, varios libros de divulgación científica, como " Os dados do reloxeiro ", " Po de estrelas " ou " Neurociencia para Julia ". Xurxo Mariño é Doutor en Bioloxía, profesor da Universidade da Coruña e membro de  Espero que disfrutemos moito da súa visita.