Entradas

Mostrando entradas de abril, 2014

Premiadas no concurso de marcapáxinas no Día do Libro.

Imagen
  Os marcapáxinas de  Alejandra Moure e  Belén Araunde   de 1º de ESO B  foron os escollidos  e editaranse varios exemplares para usar nas bibliotecas de aula.  Parabéns ás dúas e feliz Día do Libro a tod@s!

Encontros científico-literarios con Iolanda Casal

Imagen
Este 30 de Abril contaremos coa visita da xornalista científica Iolanda Casal que nos falará da  "muller e ciencia nos medios de comunicación" .  Iolanda Casal é Licenciada en Xornalismo e ten un Máster en Igualdade e Xénero. Traballa como xornalista pero tamén é escritora. Ten publicada unha obra en dous tomos "Investigadoras galegas", na que recolle a traxectoria de 100 investigadoras galegas.  Recibiu ademais, o V Premio de Xornalismo Científico por unha serie de reportaxes de mulleres investigadoras. Ofreceranos un obradoiro no que traballaremos con noticias de prensa e veremos o tratamento que os  medios de comunicación lles dan á ciencia e ás mulleres.