Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2013

Concursos de fotografía matemática e obras artístico-científicas, exposicións e experimentos no laboratorio, para o 4 Novembro, Día da Ciencia en Galego

Imagen
Sairemos á rúa a buscar motivos matemáticos na natureza e o mobiliario urbano para logo participar coa nosa foto "tuneada" matematicamente no Concurso de Fotografía Matemática.  Darémoslle voltas ao coco para crear a nosa obra artístico-matemática e participar no concurso de Arte e Ciencia (papiroflexia, escultura, debuxo técnico, estruturas arquitectónicas... utiliza cousas que teñas por casa!!!). O 4 de Novembro poderemos coñecer enxeños tecnolóxicos da man do alumnado de 2ºda ESO, aprenderemos algo máis da obra dos homenaxeados deste ano (Bucky Fuller, Isaac Díaz Pardo e Florence Nightingale) a través dos cartaces elaborados polo alumnado de 1º de Bach, e os maiores do insti levarán aos pequenos ao laboratorio para experimentar coa ciencia en galego!!!       Premios en tódolos concursos.

Arte e Ciencia en galego

Imagen
O IV Día da Ciencia en Galego , co lema Arte e Ciencia , está adicado a Bucky Fuller , Isaac Díaz Pardo e Nightingale . Imos a coñecer algo máis deles. Bucky Fuller   (1895-1983) foi un arquitecto e diseñador americano moi coñecido polo deseño da cúpula xeodésica , estrutura estable e lixeira que se pode ver hoxe por todo o mundo en moitos edificios. Foi tamén un activista medioambiental consciente da necesidade dun uso sostible dos recursos. Isaac Díaz Pardo (1920-2012) foi un pintor, escritor, deseñador e empresario galego propulsor dun gran número de actividades industriais e culturais galegas. Fundou, xunto con outros galeguistas, o Laboratorio de Formas , do que foron xurdindo outros proxectos como o Complexo Industrial d e Sargadelos , as Edicións do Castro , o Museo Carlos Maside ou o Seminario de Estudos Galegos. Florence Nightingale (1820-1910) foi unha enfermera, escritora e estadística británica. Sentou as bases da profesionalización da enfermerí

Día da Ciencia en Galego 2013

Imagen
 A primeira semana de Novembro celebraremos a Ciencia en Galego con actividades e exposicións para tod@s.