Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2020
Imagen
 Celebramos o Samaín na Basella! Inauguramos a nosa sección de Datas Sinaladas : O COMPÁS, falando da festividade de novembro: o Samaín . Moitos datos interesantes sobre esta tradición aparecen no seguinte traballo de Aitana V.A. de 4ºESO. Non quedes sen ver este fantástico Genial.ly!:
Imagen
  SALSEIROS ESTREA- REFLEXIÓNS SOBRE O CONFINAMENTO (DESDE O 12 DE MARZO ATA FINAL DE CURSO) Introdución: Abrimos o espazo Salseiros referíndonos ás reflexións feitas por escrito a comezo de curso polo alumnado de 4ºESO e 1ºBAC sobre o tempo de confinamento. É probable que te sintas identificado/a con algunas das cuestións que quedaron reflectidas en ditas redaccións. Imos comentalas en conxunto e despois deixaremos testemuños concretos compartidos xenerosamente por un grupo de alumnos/as. Cuestións negativas: Por unha banda o alumnado falou das cuestións que puxeron a proba a nosa resiliencia desde o inicio: medo pola incertidume, rutina e aburrimento no día a día, sensación de illamento, tensión ou discusión entre convivintes, tristura pola falta de contacto con familiares e amigos, trastornos do sono, horarios caóticos, … E xa no período de desconfinamento sinalouse o medo a saír á rúa ou mesmo a estar en espazos abertos con moita xente. A incomodidade de levar a máscara
  Benvid@s! Comezamos unha nova andaina neste espazo aberto a toda a Comunidade Educativa. Compartiremos novas, coñecementos, reflexións, creacións literarias, … en tódolos formatos escritos e audiovisuais. Ademais, este Curso 2020-2021 poñemos en marcha un novo proxecto denominado : Lingua: Tradición e Cultura , que nos sirve para amosar e recompilar traballos relacionados co mundo da Cultura, das Artes e da Tradición, tendo como punto de partida o noso idioma. Centrado na contorna, no entanto, sempre aberto á realidade galega no máis amplo senso. Abordaremos o proxecto de formas diversas. Contamos con catro seccións temáticas, pero o Equipo de Dinamización anda cavilando noutras ( a cabesiña non para! ) e … tamén agardamos novas ideas! Para poñerlle nome a estas seccións ou apartados, inspirámonos no léxico e fraseoloxía mariños. É a nosa homenaxe ao mar, esencial na nosa idiosincrasia. Velaquí as seccións: 1. O compás : “Aparello consistente nunha superficie circular onde
  NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO. Esta é a interesante proposta para o Mes da Ciencia en Galego:       Concurso: Laboratorio de ciencia en zapatillas Departamentos que participan: Tecnoloxía, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía e Dinamización Lingüística. Bases do concurso: Vídeo de duración inferior a 5 min.  Temática:   Demostración, experimento ou explicación dalgún fenómeno relacionado coa ciencia. Categorías: -Programación en scratch. -Vídeo casero “ciencia en zapatillas”. Idioma: lingua galega. Prazo de entrega: 18 de novembro. Entregar no correo : dinamizacionlinguistica@iesabasella.org O traballo a concurso nomearase da seguinte forma: cienciaengalego_curso_título_alias   (curso do alumno/a, título do seu experimento ou demostración, e alias co que se presenta). Premios: Categorías 1º Ciclo da ESO 2º Ciclo da ESO Bacharelato Programación en scratch. Vale por X euros para  gastar en material  escolar, ou deportivo  nalgún comercio de  Vilanova de Arousa  o