Entradas

Mostrando entradas de junio, 2019

Certame de Banda Deseñada Enormic Banda

Imagen
Xa temos na biblioteca a nova revista de Enormic Banda . Este ano vén con novos cómics, con novas historias e con novos autores. Os premiados foron Víctor Santos Filipova de 1º da ESO,  coa historia "Un patoso polo bosque" ; Paula Rodríguez Somoza, tamén de 1º da ESO con  "O retorno da Elixida "; e por último a alumna de 1º de bacharelato Ana Patón coas " Fedelladas de Neko ". Os nosos parabéns a estes artistas, e vós xa  sabedes o que tendes que facer:  ler as súas historias gráficas! Aquí os temos, rodeados de revistas, no acto de presentación e de entrega de premios que tivo lugar este ano no IES Miguel Ángel Estévez de Carril. O resto, xa sabes!, na Biblioteca.

Intercambio co IES AQUIS QUERQUENIS de Bande. Un día no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Imagen
O luns, 29 de maio, o alumnado do centro que participou   no intercambio de correspondencia en galego, visitou ós seus compañeiros, e esperemos que a partir de agora amigos, do instituto de Bande na Baixa Limia.   Bande está lonxe, levounos máis de 2 horas chegar, pero unha vez alí fixemos unha chea de cousas: visitar o centro de interpretación da Cidá –campamento romano   Aquis Querquenis -; fomos á igrexa visigoda de Santa Comba; comemos nas beiras do Río Caldo, en Lobios, onde algúns dos nosos alumnos gozaron coas súas termas –por certo, que quente estaba a auga!-.   Igrexa visigoda  Rematamos o día facendo unha pequena ruta ata chegar a unha fervenza onde nos pegamos un merecido baño na súa poza. Só hai que ver as fotos para saber como o pasamos. De volta tivemos que cruzar de novo o río Limia, aínda así, non   “esqueceremos” este día.

Correlingua 2019

Imagen
O pasado 16 de maio, tivo lugar o correlingua , unha carreira a favor do idioma galego que realizan conxuntamente o alumnado de 1º da ESO dos  dous institutos de Vilanova: o  IES O Faro da Lúa e o noso,  o IES A Basella. Os alumnos tiveron que completar dúas voltas a un circuíto arredor do campo de futbol e  preto da praia do Terrón.  Previamente, cada alumno tivo que realizar o seu propio lema a prol do galego, que logo utilizou como dorsal na carreira. Ao remate  da carreira, o alumno e a alumna máis rápido de cada instituto recibiron un premio, xunto cos alumnos/as cos tres lemas máis orixinais. Este ano, entre outros premios, houbo entradas para o cine, tazas decoradas, ... Entrega dos premios ós gañadores da carreira de cada instituto   Os mellores lemas do IES A Basella

A Caza do tesouro

Imagen
Unha das actividades que fixemos co alumnado de 1º da ESO foi "a caza do tesouro", onde os alumnos tiñan que encontrar a resposta ás preguntas que se lle formularon nun cuestionario. As preguntas trataban sobre a figura homenaxeada tanto no Día das Letras Galegas, Antón Fraguas,  como no Día das Artes Galegas, Luís Seoane. Intentando resolver e gañar .

O 17 de maio, Día das Letras Galegas

Imagen
O 17 de maio, o alumnado do IES A Basella, celebrou con diversas actividades o Día das Letras Galegas,  dedicado este ano a Antón Fraguas. Unha das actividades foi facer unha pequena exposición etnográfica con diversos obxectos antigos. Cantas exposicións non faría Antón Fraguas ó longo da súa vida! e no Museo do Pobo Galego! Os alumnos de 3º da ESO tocaron unha fermosa canción con culleres incluídas. Preparándose para actuar.