Intercambio co IES AQUIS QUERQUENIS de Bande. Un día no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés


O luns, 29 de maio, o alumnado do centro que participou  no intercambio de correspondencia en galego, visitou ós seus compañeiros, e esperemos que a partir de agora amigos, do instituto de Bande na Baixa Limia.  
Bande está lonxe, levounos máis de 2 horas chegar, pero unha vez alí fixemos unha chea de cousas: visitar o centro de interpretación da Cidá –campamento romano  Aquis Querquenis-; fomos á igrexa visigoda de Santa Comba; comemos nas beiras do Río Caldo, en Lobios, onde algúns dos nosos alumnos gozaron coas súas termas –por certo, que quente estaba a auga!-.
 
Igrexa visigoda
 Rematamos o día facendo unha pequena ruta ata chegar a unha fervenza onde nos pegamos un merecido baño na súa poza. Só hai que ver as fotos para saber como o pasamos.



De volta tivemos que cruzar de novo o río Limia, aínda así, non  “esqueceremos” este día.

Comentarios