Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2011

Olimpiada de Xeoloxía

Imagen
Este 22 de Febreiro participamos na fase autonómica da II Olimpiada de Xeoloxía e ademáis de pasar un bo rato coa xeoloxía, o noso compañeiro Fran de 4ºESO recibiu o 2º accésit para a categoría da ESO, noraboa a todos.

Encontro con Diego Ameixeiras.

Imagen
Falamos con Diego das súas novelas, de cómo construír unha se che apetece escribir, e de moitas cousas máis... As e os compañeiras/os que asistiron demostraron ser uns excelentos lectores e conversadores. Foi unha charla na que penso que todos disfrutamos. Gracias a Diego e aos que asistíchedes ao encontro.

Imos de Entroido

Imagen

Encontros con Diego Ameixeiras e Ángel Carracedo

Imagen
O 16 de Febreiro temos como convidado no instituto a Diego Ameixeiras . As/os alumnas/os de bacharelato  terán a oportunidade de preguntarlle pola súa obra, falar sobre novela negra ou narrativa contemporánea e aprender algo sobre "cómo se constrúe unha novela". Diego Ameixeiras é xornalista e escritor. Ten publicadas cinco novelas. "Baixo Mínimos" (2004), "O cidadán do mes" (2006), "Tres segundos de memoria" Premio Xerais 2006, "Dime algo sucio" (2009) e "Asasinato no Consello Nacional" (2010). Ademáis colabora para diferentes xornais e revistas e traballa como guionista en series como "Matalobos" e filmes como "18 comidas". O 24 de Marzo Ángel Carracedo dará no noso instituto unha charla sobre "Xenética e Xenómica. Para qué sirve hoxe en día". Ángel Carracedo traballa no campo da xenética aplicada, principalmente en xenética forense da que é un recoñecido especialista a nivel mund

Semana das curtas (do 28 ao 3 de Marzo)

Imagen
Sumámonos á actividade "A Semana das Curtas" , un ciclo de audiovisual galego que a modo de festival simultáneo se celebrará nos centros escolares interesados entre os días 28 de febreiro e o 3 de marzo. Está organizado polo CGNDL e o IES Audiovisual de Vigo.

Estrenamos o blogue

Hoxe estrenamos o blogue de Normalización Lingüística do IES A Basella recapitulando cousas xa feitas: participamos na semana da ciencia en galego convocada pola CGNDL, no concurso de adhesivos cos institutos e colexios da comarca do Salnés, estamos facendo cómics para a revista de banda deseñada Enormic Banda , e temos moitas actividades plantexadas para os próximos meses. Animádevos a suxerir ideas e actividades!!!!!