Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2018

OPINIÓNS DOS NOSOS ALUMNOS/AS SOBRE CASAS BARATAS E AS RULAS DE BAKUNIN

Imagen
Casas baratas paréceme que, sen adentrarte moito nel, é un libro sinxelo que conta a vida dun rapaz; mais, creo que se vemos e sentimos a súa historia desde dentro, notamos como a sociedade e o estado político dun país poden afectar tanto a unha persoa como a un grupo delas. Sinceramente, gustoume o libro, xa que sempre me gusta saber máis sobre temas políticos, tanto da actualidade como das dictaduras. Recomendaría o libro a adolescentes, sempre maiores de 14 anos, xa que un neno non chegará a comprendelo de todo. Miguel Fernando Da Rocha Silva Eu decidín ler As rulas de Bakunin porque o título chamábame a atención, parecíame nostálxico e misterioso. Ao principio non conseguía saber en que época se situaba a historia, pero pouco a pouco o libro foime interesando máis e máis, porque ao cambiar continuamente o tempo axudábame a non perder a concentración e a estar máis atento ao transcurso da historia. Tamén me gustou o detalle da “necesidade” do protagonista d
Imagen
CHARLA NO IES CON ANTÓN RIVEIRO COELLO  O pasado xoves, 13 de decembro , visitou o noso centro o escritor Antón Riveiro Coello para impartir  unha charla ós alumnos de 4º ESO. O autor de entre outras obras de As Rulas de Bakunin , Laura no Deserto ou   A ferida do vento ,  … animou ós alumnos a buscar o seu propio camiño, o seu talento persoal. Contou a súa experiencia de como rematou convertido en escritor. Os alumnos/as pasarono moi ben oíndo todas as súas historias e quedáronse con ganas de máis. Xa sabes, todo é cuestión de empezar!

Pintores Galegos. Recurso para o Concurso de Adhesivos

Imagen
Outro ano máis e xa está aquí o concurso de adhesivos de normalización lingüística.  Anímate!, Participa! Abaixo podes consultar as principais obras e biografía de varios pintores galegos. Urbano Lugrís   Maruja Mallo  Castelao Luís Seoane