OPINIÓNS DOS NOSOS ALUMNOS/AS SOBRE CASAS BARATAS E AS RULAS DE BAKUNIN



Casas baratas paréceme que, sen adentrarte moito nel, é un libro sinxelo que conta a vida dun rapaz; mais, creo que se vemos e sentimos a súa historia desde dentro, notamos como a sociedade e o estado político dun país poden afectar tanto a unha persoa como a un grupo delas.

Sinceramente, gustoume o libro, xa que sempre me gusta saber máis sobre temas políticos, tanto da actualidade como das dictaduras.

Recomendaría o libro a adolescentes, sempre maiores de 14 anos, xa que un neno non chegará a comprendelo de todo.

Miguel Fernando Da Rocha Silva






Eu decidín ler As rulas de Bakunin porque o título chamábame a atención, parecíame nostálxico e misterioso. Ao principio non conseguía saber en que época se situaba a historia, pero pouco a pouco o libro foime interesando máis e máis, porque ao cambiar continuamente o tempo axudábame a non perder a concentración e a estar máis atento ao transcurso da historia.

Tamén me gustou o detalle da “necesidade” do protagonista de recuperar o libro de seu avó, e cando por fin o consegue poder morrer en paz, aínda que non puidese contemplar a cara do seu neto vendo as cores, os animais… que non puido ver ata a súa operación.

Juan Manuel Collado Sánchez



As rulas de Bakunin é un libro un tanto peculiar, xa que está narrado, por así dicilo, en tres tempos, aos que eu lles chamei presente, pasado e futuro, xa que non o entendía debido aos saltos temporais. Por isto mesmo é un libro algo difícil de ler, pero a verdade é que nalgún momento fíxome gracia. Non foi un libro que me encantase, pero para ser de lectura obrigatoria non estivo mal, xa que aínda me entretiven.

Esta obra transmite diferentes valores, como por exemplo como as persoas se poden sentir tan mal polas decisións que un reducido grupo de persoas impón, ou como América é unha referencia de liberdade.

Eu recomendo esta lectura a calquera persoa, xa que che fai pensar sobre como foi o noso pasado, e ao ser así, é un libro apto para todas as idades.

Adrián Martínez Romero

Comentarios