CHARLA NO IES CON ANTÓN RIVEIRO COELLO


 O pasado xoves, 13 de decembro, visitou o noso centro o escritor Antón Riveiro Coello para impartir  unha charla ós alumnos de 4º ESO.
O autor de entre outras obras de As Rulas de Bakunin, Laura no Deserto ou  A ferida do vento,  … animou ós alumnos a buscar o seu propio camiño, o seu talento persoal. Contou a súa experiencia de como rematou convertido en escritor. Os alumnos/as pasarono moi ben oíndo todas as súas historias e quedáronse con ganas de máis.

Xa sabes, todo é cuestión de empezar!

Comentarios