Correlingua 2019

O pasado 16 de maio, tivo lugar o correlingua, unha carreira a favor do idioma galego que realizan conxuntamente o alumnado de 1º da ESO dos  dous institutos de Vilanova: o  IES O Faro da Lúa e o noso,  o IES A Basella. Os alumnos tiveron que completar dúas voltas a un circuíto arredor do campo de futbol e  preto da praia do Terrón. 
Previamente, cada alumno tivo que realizar o seu propio lema a prol do galego, que logo utilizou como dorsal na carreira. Ao remate  da carreira, o alumno e a alumna máis rápido de cada instituto recibiron un premio, xunto cos alumnos/as cos tres lemas máis orixinais. Este ano, entre outros premios, houbo entradas para o cine, tazas decoradas, ...






Entrega dos premios ós gañadores da
carreira de cada instituto




 Os mellores lemas do IES A Basella










Comentarios