Certame de Banda Deseñada Enormic Banda
Xa temos na biblioteca a nova revista de Enormic Banda. Este ano vén con novos cómics, con novas historias e con novos autores. Os premiados foron Víctor Santos Filipova de 1º da ESO, coa historia "Un patoso polo bosque"; Paula Rodríguez Somoza, tamén de 1º da ESO con "O retorno da Elixida"; e por último a alumna de 1º de bacharelato Ana Patón coas "Fedelladas de Neko".
Os nosos parabéns a estes artistas, e vós xa sabedes o que tendes que facer: ler as súas historias gráficas!
Aquí os temos, rodeados de revistas, no acto de presentación e de entrega de premios que tivo lugar este ano no IES Miguel Ángel Estévez de Carril.


Comentarios
Publicar un comentario