Concursos de fotografía matemática e obras artístico-científicas, exposicións e experimentos no laboratorio, para o 4 Novembro, Día da Ciencia en Galego

  • Sairemos á rúa a buscar motivos matemáticos na natureza e o mobiliario urbano para logo participar coa nosa foto "tuneada" matematicamente no Concurso de Fotografía Matemática.
  •  Darémoslle voltas ao coco para crear a nosa obra artístico-matemática e participar no concurso de Arte e Ciencia (papiroflexia, escultura, debuxo técnico, estruturas arquitectónicas... utiliza cousas que teñas por casa!!!).
  • O 4 de Novembro poderemos coñecer enxeños tecnolóxicos da man do alumnado de 2ºda ESO, aprenderemos algo máis da obra dos homenaxeados deste ano (Bucky Fuller, Isaac Díaz Pardo e Florence Nightingale) a través dos cartaces elaborados polo alumnado de 1º de Bach, e os maiores do insti levarán aos pequenos ao laboratorio para experimentar coa ciencia en galego!!!

      Premios en tódolos concursos.

Comentarios