XVIII Certame de Adhesivos

A Coordinadora do Salnés convoca un ano máis o concurso de deseño de adhesivos co tema,"Contra a crise, en galego". O formato é libre e deberá incluir un texto orixinal e inédito. Haberá primeiro e segundo premio en tres categorías (1º ciclo da ESO, 2º ciclo da ESO e Bacharelato, ciclos e Escola de Idiomas). Os premiados recibirán un diploma e os seus traballos serán editados. Tedes ata o 21 de Decembro, animádevos a participar, deseña o teu adhesivo!!!!



Comentarios