Letras Galegas 2017

Carlos Casares é o homenaxeado deste ano nas  Letras Galegas, e para coñecer a súa vida e obra imos participar nunha busca do tesouro. Seguiremos pistas que nos levarán a percorrer o centro, preguntar ao profesorado, consultar webs e levarnos premios aos mellores grupos na caza do tesouro que é a nosa lingua.

Tamén correremos polo noso idioma nunha carreira polo Terrón xunto co alumnado de Faro das Lúas portando lemas alusivos ao Día das Letras Galegas e á defensa do noso idioma.

Boa xornada a todos e todas.


Comentarios