Concurso 1/2 MINUTO DE CIENCIA en Galego

Es youtuber? Gústache a ciencia? Cal é o fenómeno natural que máis che flipa? Teoría do Big Bang? Química na cociña? Vexo ciencia ao meu redor?

Imos montar un estudo de gravación nos recreos. Prepara os teus 30 sg de fama e anímate a participar no concurso. Hai tres categorías con cadanseu premio: A (1º ciclo ESO), B (2º ciclo ESO) e C (libre).

Se precisas axuda contacta cos profes Cristóbal (Tecnoloxía), Ana (Inglés) e Raquel (Bioloxía).

Colgaremos os vídeos no padlet 1/2 minuto de ciencia no IES A Basella.

O reto é : Novembro, 30 días, 30 vídeos de 30 sg de ciencia. Participa!

Nós xa temos o noso vídeo!


Comentarios