Exposición Ciencia en Galego na Biblioteca

Hologramas, piano con froitas, cúpulas xeodésicas, gafas de realidade virtual, impresora 3D, hologramas, maquetas de células, motor Stirling... e moito máis espallado na nosa biblioteca.

Ademáis, co lema Viaxes pola Ciencia, coñeceremos máis sobre Darwin e a súa viaxe no Beagle a través dos cartaces de Igaciencia, e outros elaborados polo alumnado de 1º Bach, e amosaremos os robots exploratorios que o alumnado de 1º da ESO deseñou para viaxar a diferentes corpos do Sistema Solar.

Tamé vos imos recomendar lecturas relacionadas coa temática de viaxes pola ciencia, como "Terra" de Xurxo Mariño, "Os nenos da varíola" de María Solar ou "Fontán" de Marcos Calveiro.

Toda unha invasión de ciencia na biblioteca. Ven a vela!!!





Comentarios