Charla con Daniel Soutullo "Panorámica da euxenesia"

Neste segundo Encontro Científico-Literario do curso contamos con Daniel Soutullo como convidado. 

Daniel Soutullo é catedrático de Bioloxía e Xeoloxía de Ensino Secundario e colaborou no Departamento de Xenética da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela onde se licenciou.


Ten publicados multitude de ensaios de xenética e bioética como:  "De Darwin ao ADN. Ensaios sobre as implicacións sociais da bioloxía",  "La eugenesia. Desde Galton hasta hoy" , "Os xenes e o futuro humano", "Sobre clons e xenes. Ensaios sobre as implicacións sociais da bioloxía", "Biología, cultura y ética. Crítica de la sociobiología humana",  "Las células madre, el genoma y las intervenciones genéticas. Ensayos sobre las implicaciones sociales de la biología"...


Recibiu o Premio de Investigación sobre Bioética da Fundació Víctor Grífols i Lucas (Barcelona), no ano 2006, polo libro titulado Biología, cultura y ética. Crítica de la sociobiología humana.

Ademais é membro de varios consellos e asociacións como o Comité Científico da European Association of Global Bioethics e participa como conferenciante en multitude de foros e institucións.

O alumnado de 1º de Bacharelato asistirá o vindeiro 28 de Maio a unha charla do noso convidado coa temática "Panorámica da euxenesia".

Comentarios