Encontros con Jorge Mira e Marilar Aleixandre

Dentro do noso programa de charlas científico-literarias, este curso temos como convidados a Jorge Mira e a Marilar Aleixandre.

O vindeiro 20 de Marzo teremos a oportunidade de conversar co físico Jorge Mira. "Un paseo polos bordes da ciencia cercana" é o título da charla que nos ofrecerá e poderemos preguntarlle curiosidades científicas como as recollidas no seu libro A ciencia no punto de Mira e coñecer máis do seu traballo.

Jorge Mira é Doutor en Física pola Universidade de Santiago con Premio Extraordinario e catedrático de electromagnetismo nesta universidade, recibindo ademáis moitos galardóns pola súa labor de investigación.
É moi coñecido por participar como experto en cifras no programa autonómico "Cifras e Letras" e ademáis, é colaborador en varios programas e seccións na televisión, radio e prensa. É tamén o director do Programa Conciencia, unha iniciativa de divulgación científica onde se invita a diferentes expertos e Premios Nobel do mundo da ciencia a compartir coñecementos coa comunidade científica galega. Nas convocatorias dos últimos anos deste Programa ConCiencia, foron galardoados co Premio Fonseca científicos de tanto renome como Stephen Hawking ou James Lovelock e divulgadores como David Attenborough.
Ademáis de todo iso é un gran defensor da nosa lingua e amante do deporte (campión galego de bailes de salón, de natación en categoría veteranos, xogador na primeira división galega de xadrez e máis..)
Preguntarémoslle de onde saca o tempo para todo...


O 12 de Abril contaremos coa presenza da escritora e bióloga Marilar Aleixandre. Teremos a oportunidade de charlar con ela sobre literatura e as problemáticas reflexadas nas súas obras. Algunhas das novelas que coñecen os/as alumnos/as e que foron moi premiadas, son Cabeza de Medusa ou A expedición do Pacífico.

Marilar Aleixandre é profesora de Didáctica das Ciencias e Educación Ambiental na Universidade de Santiago de Compostela e escritora de poesía, narrativa para adultos, narrativa xuvenil e infantil, ensaio e ata tradutora de Harry Potter ao galego. Ten unha extensa obra e moi galardoada.
Ademáis é case unha experta en escaravellos e unha apaixonada das viaxes.

Comentarios